Comer E Falar открытые
[search 0]
Больше
Download the App!
show episodes
 
Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Pasamos pola Festa da Castaña do Caurel onde falamos con Antonio Pol un dos asadores, con Kike Piñeiro pregoeiro deste ano e o seu pregón e aproveitamos para falar con Pablo de Bodega EDV pola iniciativa que leva a cabo para levar tres trailers de axuda a Valencia. Ademáis coñocemos un novo aloxamento turitico no Caurel, O Alicornio con Victor e Co…
  continue reading
 
Primeiro dos especiais adicado a XXXV Festa da Castaña do Caurel. Falamos con Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel. Tamén mantemos unha charla cos membros do xurado profesional da V Ruta de tapas castaña do Caurel. Jose Antonio e Vero de Rutasyrestaurantes, Bea on Road e Isa Crespo
  continue reading
 
Conectamos con alta mar a traves do noso amigo Dani Ferreiro "Capitan Tarteras". Falamos con Pati Blanco que está á fronte o proxecto integral do Faro de Cabo Silleiro e do Faro Pequeno. E falamos con Elida de Enxebre World que estña preparando o 12º Encontro de Bloguers galegos.
  continue reading
 
Charlamos con Alberto Lareo e Joé Pazo, sobre Maina Restaurante, proxecto gastronómico que poñen en marcha o dia 5 de septembro en Compostela. Tamén falamos co chef Chechu Rey, que volta á cociña mais cercana e de producto co proxecto Gunnen Restaurante na cidade de A Coruña.
  continue reading
 
Neste programa propoñemos unha iniciativa que pon en marcha Destilerías Pepe Albela. A posibilidade e coñecer de primeira man o traballo dun mestre destilador artesanal. Ademáis tamén escoitamos a Sebastian Valvere sobre o Camiño de Santiago da Ria de Muros/Noia.
  continue reading
 
Falamos con Noa López sobre unha nova edición do encontro da cultura do viño Raizames que se celebra en Taboada. Aproveitando unha visita a Sabadelle en Chantada, coñecemos o proxecto de Xulio Losada en "Casa Losada" e a marca de productos de porco duroc "Landra", criados en liberdade
  continue reading
 
Charlamos con Bego Vázquez, gañadora do Cociñeira Galega 2024. Máis premios, neste caso Jacobo Diz, como mellor xove promesa da cociña da Escola Le Cordon Blue, e María Bazar gañadora en panadería no SpainSkills. E ambos alumnos pertencen o CIFP Paeo das Pontes, e falamos co seu orgulloso director, Pablo Sobrado…
  continue reading
 
Neste programa recuperamos a experiencia vivida na Capela do Espiritu Santo de Francos, nunha actividade organizada por Latexos de Turismo a trave do Concello de Teo sobre o Camiño de Santiago. E tamén, o noso compañeiro Emilio Vila, lembra que fai 4 anos, durante a pandemia nacía Comerefalarlive
  continue reading
 
Do noso paso por Taboada e a sua Festa do Caldo de Osos descubrimos o traballo de Panadería Dario coas suas "Sacrapastas" as Galletas e Xián. Tamén coñecemos un pouco máis o Restaurante Anduriña. Na sección de Cine e Gastronomía, Marcos Velazquez traenos unha pelicula sorprendente
  continue reading
 
Bonito programa que fixemos adicado a algo máis que unha festa. Percorremos a cultura, o patrimonio, a memoria e a identidade do pobo de Taboada a traves do seu prato estrela, o Caldo de Ósos. Charlamos con Xosé Portela teniente alcalde, co concelleiro Manuel Dieguez, coa resposable de producción da festa Noa López e cunha veciña maravillosa, Inés …
  continue reading
 
Programa especial adicado ó mundo do mar, da man do noso colaborador e amigo Javier Botana, o Capitán Agallas. Aproveitando a sua visita a Galicia para percorrer as lonxa das rias baixas e as rias altas, damos un paseo pola maravillosa Praza de Abastos de Compostela
  continue reading
 
Nesta ocasión charlamos con Elena Fabeiro, Xerente da Fundación Artesania de Galicia, sobre a celebración dunha nova edición de Artesanía no prato. Na sección de Cine e Gastronomía, Marcos Velázquez trae o filme "El Menu". E na sección "Comemos Historia", Juan Otero falanos da historia do Brownie.
  continue reading
 
Parte deste programa fixemolo dende a a Feira Etiqueta Negra Gourmet de Pontevedra. Falamos con Vanesa L. Chousa, e cos responsables de Cienporcel, Montes de Boado, Viravolta Cociña Retornada e Ánades Galicia. E tamén tempo para a nosa sección "Conversas nun viño" con Mariña Fernández.
  continue reading
 
Loading …

Краткое руководство